Reseña : Todo ok

Título: Todo ok

Autor: Diego Ameixeiras

Editorial: Xerais

Valoración: 🌟Moi mellorable.

Contemporànea, novela negra.

Inés Landeira, a coxa, tenta saír das consecuencias dun mal acto. Logo de verse sospeitosa de colaborar nun delito de narcotráfico tenta alonxarse desa vida. Un tenente da garda civil corrupto, unha antiga amiga, un ex e un compañeiro de acusación darán outras visións a esa vida.

Asemella máis unha sinopse que unha novela. A historia faise inconsistente, como se o lector e o escritor partiran dende sitios distintos e non chegan a atoparse ò longo de todo o libro. Sería unha historia para relato curto por entregas pero tampouco acaba de convencerme. Queda escasa en todo.

Recomendoo? Non, é curto e de lectura sinxela pero non me gustou.

Deja un comentario